Xerardo Couto Lorenzo

Xerardo Couto é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade da Coruña, onde obtivo ademais o DEA en lingua inglesa. Leva traballando na dobraxe desde 1982, e na dobraxe galega desde os seus inicios ata hoxe. O seu interese neste fenómeno complexo artístico, cultural e tradutivo compróbase na publicación de diferentes artigos en libros colectivos, revistas especializadas e mesmo un manual onde reflexiona sobre algún aspectos básicos da dobraxe. Conxugando teoría e práctica pódese dicir que a súa experiencia como actor e director sérvelle buscar novos instrumentos cos que analizar e crear ferramentas para desenvolver esta modalidade de tradución audiovisual tan útil para a cultura do noso país. 

Contacto

  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Desenrolo web feito por NetSoft Consultoría Dixital S.L.

joomla & wordpress theme