Información Práctica

Coordinador

Para calquera dúbida, contactar co coordinador do título:  Xoán Montero Domínguez

Obxectivos

  • Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de actor/actriz de dobraxe.
  • Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de tradutor/a audiovisual.
  • Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de axustador/a.

Destinatarios

  • Alumnado licenciado ou graduado no sistema universitario estatal.
  • Alumnado de 4º ano de grao do sistema universitario estatal.
  • Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Condicións de acceso

Poderán matricularse e realizar o presente Título de Especialista :

a) Modalidade de MATRÍCULA ORDINARIA (20 prazas): Poderá matricularse aquel alumnado que cumpra os requisitos fixados no Regulamento de Títulos de Posgrao e Outros Cursos da Universidade de Vigo

1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,

2. Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e

3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

b) Modalidade de MATRÍCULA DE TAXAS REDUCIDAS (Resérvanse 5 prazas):

Criterios de selección

Por orde de preinscrición. Seleccionarase ao alumnado a partir da data de preinscrición. Ao alumnado preinscrito e seleccionado comunicaráselle o prazo para formalizar a matrícula e achegar ao coordinador do curso a seguinte documentación:
  • Xustificante de pagamento.
  • Currículo (académico, investigador e profesional) así como unha copia do expediente académico.

Linguas

A lingua da docencia será maioritariamente o galego.
O reparto por módulos será o que segue:
  • Módulo A: Español>Galego 
  • Módulo B:
    • Fonoloxía: Galego 
    • Fonética: castelán 
  • Módulo C: 
    • Galego 
  • Módulo D:
    • 100 horas de dobraxe en galego. 
    • 20 horas de dobraxe en castelán.

Desenrolo web feito por NetSoft Consultoría Dixital S.L.

joomla & wordpress theme