Presentación

Este TÍTULO PROPIO DE ESPECIALISTA EN DOBRAXE é o primeiro emitido por unha universidade pública do Estado español.

Obxectivos:

  • Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de actor/actriz de dobraxe.
  • Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de tradutor/a audiovisual.
  • Adquisición dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de axustador/a.

Destinatarios:

  • Alumnado licenciado ou graduado no sistema universitario estatal.
  • Alumnado de 4º ano de grao do sistema universitario estatal.
  • Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Condicións de acceso:

Poderán matricularse e realizar o presente Título de Especialista :

a) Modalidade de MATRÍCULA ORDINARIA (20 prazas): Poderá matricularse aquel alumnado que cumpra os requisitos fixados no Regulamento de Títulos de Posgrao e Outros Cursos da Universidade de Vigo

1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,

2. Alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e

3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

b) Modalidade de MATRÍCULA DE TAXAS REDUCIDAS (Resérvanse 5 prazas):

Criterios de selección:

Por orde de preinscrición. Seleccionarase ao alumnado a partir da data de preinscrición. Ao alumnado preinscrito e seleccionado comunicaráselle o prazo para formalizar a matrícula e achegar ao coordinador do curso a seguinte documentación:
  • Xustificante de pagamento.
  • Currículo (académico, investigador e profesional) así como unha copia do expediente académico.

Unha vez formalizada a matrícula informarase ao alumnado ao que lle foi concedida a bolsa, en función currículo (académico, investigador e profesional) achegado.

Sistema de avaliación:

  • Proba final de dobraxe.

Calendario e horario:

O curso desenvolverase na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo ao longo do curso académico, co seguinte horario:

Mércores: 16-20h.

Xoves: 16-20h

Desenrolo web feito por NetSoft Consultoría Dixital S.L.

joomla & wordpress theme